O correo da Xunta pásase ao .gal

Un total de 22.000 contas de correo da Administración xeral e da Xustiza incorporan o dominio galego. O obxectivo da Xunta é que en 2017 todo o seu sistema sexa .gal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/05/2016 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

O correo corporativo da Xunta de Galicia emprega xa o dominio galego en internet. Deste xeito, máis de 18.500 direccións de correo electrónico da Administración xeral substitúen o @xunta.es por @xunta.gal que, xunto ás 3.500 contas do eido xudicial que xa o estaban e empregar. En total, suman xa 22.000 direccións de correo con .gal.

Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL
Imaxe promocional da galega Dinahosting sobre o puntoGAL | Fonte: ortegalingua.blogspot.com

O obxectivo da Xunta é que en 2017 todos os portais corporativos e o todas as direccións de correo corporativo, incluídas as do ámbito da educación e da sanidade, utilicen só o puntogal.

Este compromiso, segundo apunta a Xunta, concretábase no Decreto que regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e que foi  aprobado en maio de 2015. Desde entón todas as novas iniciativas web da Xunta publicáronse xa co dominio galego. En paralelo, iniciouse o proceso de migración dos espazos web existentes ao .gal, que xa está presente en 80 portais corporativos, o 40% total. 

O Decreto 74/2015, do 13 de maio, determina un novo modelo de presenza na rede para todos os portais institucionais, que se estruturan arredor de www.xunta.gal, como porta de entrada a todos os espazos e servizos web sociais e participativos dos organismos e entidades que integran o sector público autonómico.

Foi o pasado o 25 de xullo de 2014 cando entraron en funcionamento os primeiros dominios .gal, resultado dun proceso de oito anos, impulsado pola Asociación puntoGal, que contou coa implicación de diversas institucións, entre elas a Xunta de Galicia. Ao obxectivo de acadar un dominio en galego se adheriron máis de 14.000 cidadáns, 114 institucións das máis diversas disciplinas, xunto con máis de 20 centros de emigrantes doutras comunidades autónomas e doutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Martinez

nostrus! nos quieren quitar el .es de la xunta de lagaita! esto es fascismo opresos nacionalistafeijoniano! ven a salvarnos por favor! ven a ilustrarnos con tu estupid...pedagogía!!!