Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2025 | Actualizada ás 10:47
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) ampliará, desde o vindeiro luns 26 de maio, ata os 21 anos a idade máxima en homes para recibir a vacina contra o virus do papiloma humano (VPH). Así o anunciou este martes o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, durante unha comparecencia no pleno do Parlamento galego, na que debullou as próximas novidades do calendario vacinal.
A elevación da idade límite para recibir a vacúa fronte ao VPH espera chegar ata os 24.500 mozos nados en 2004 e 2005, a partir do próximo luns. O conselleiro tamén concretou algúns anuncios realizados polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante o Debate do Estado da Autonomía hai un mes.
En concreto, confirmou que, na tempada 2025/26, o Sergas ampliará o emprego das vacinas intranasais contra a gripe a nenos de ata 11 anos e que, mesmo, administraranse nos centros educativos, previo permiso das familias, a través dun programa piloto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.