Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2025 | Actualizada ás 19:34
O recentemente creado Instituto de Investigacións Lingüísticas e Literarias da Universidade de Santiago (iLTIUS) publicou este martes a súa primeira convocatoria de vinculación para persoal investigador. Os interesados terán un prazo de 15 días hábiles para presentarse.
Así o avanzou o luns a directora do centro, María José Alonso Veloso, profesora de Filoloxía, durante a reunión constitutiva que tivo lugar no Pazo de San Xerome baixo a presidencia do reitor da USC, Antonio López.
"O iLTIUS será o primeiro instituto de investigación de Galicia que aborde de forma concreta o continuo entre a lingua e a literatura, e examíneo, ademais, desde a perspectiva sincrónica e diacrónica", explicaba Alonso Veloso no acto.
As persoas interesadas en vincularse a este organismo dispoñen ata o 15 de xuño para formalizar a súa solicitude coa presentación das súas expresións de interese á dirección electrónica iltius.direccion@usc.gal.
O proceso terá dúas fases, unha primeira para o persoal estable e unha segunda para o resto. Tras o prazo de solicitude, as candidaturas serán avaliadas por unha comisión asesora externa.
MAR DURÁN, MEMBRO DE SIGMA XI
Por outra banda, a profesora de Psicoloxía Social da USC, M. Mar Durán, acaba de ser elixida membro de pleno dereito de Sigma Xi, a Sociedade de Honra de Investigación Científica máis antiga, fundada en 1886 en Estados Unidos.
A esta entidade pertenceron 200 gañadores do Premio Nobel, incluídos Albert Einstein (1921), Enrico Fermi (1938), Linus Pauling (Nobel de Química, 1954 e Nobel a Paz, 1962), Francis Crick e James Watson (1962), e Jennifer Doudna (2020).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.