Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2025 | Actualizada ás 23:17
Axentes da Interpol en Panamá detiveron este luns ao sospeitoso polo crime de dúas cidadás chinesas no ano 2009 en Pontevedra que se deu á fuga. Segundo trasladou o ente policial, o detido trátase dun cidadán asiático que viaxaba cara a Panamá procedente de París nun voo en tránsito desde China. Unha vez no aeroporto foi aprehendido polas unidades policiais e trasladado para iniciar os trámites correspondentes establecidos na lei.
Así, as autoridades precisaron que o home fora requirido "mediante notificación vermella con fins de extradición, emitida polas autoridades españolas". En concreto, sinalaron que este individuo estaba a ser buscado polo dobre homicidio de dúas cidadás chinesas ocorrido no ano 2009 en Pontevedra e tras o cal logrou fuxir ao seu país de orixe, China.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.