Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/10/2025 | Actualizada ás 16:24
Unha patrulla da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra realizou, o pasado 2 de outubro, unha reanimación cardiopulmonar (RCP) ao ocupante dun vehículo na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vilaboa. Os axentes realizaban un servizo na autoestrada cando recibiron aviso de que unha condutora dun turismo chamara á central porque o seu acompañante sufría unha indisposición.
Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, desprázanse ata o lugar e comproban que esta persoa carece de pulso, co que a extraen do turismo, e inician manobras RCP, á vez que tamén solicitan unha ambulancia para a súa asistencia. "Aos 5 minutos, comproban que recupera o pulso, volvendo perdelo novamente, polo que se continua coas manobras de reanimación. Instantes despois detense unha ambulancia, que lle realiza unha desfibrilación e estabiliza a esta persoa", explica a Guaria Civil. Posteriormente, foi trasladada por unha ambulancia medicalizada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde continúa ingresada na UCI actualmente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.