Temas: GOLF TURISMO

O Goberno galego inviste en torneos de golf para captar turismo

Patrocina a VII edición do Torneo de Golf Peregrinación que ten lugar no campo de golf do Balneario de Mondariz.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/05/2016 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

A Xunta quere  promover a práctica do golf en Galicia como vía de ingresos a través dun turismo especializado e elistista. Por iso, patrocinará  a VII edición do Torneo de Golf Peregrinación, que se celebra desde este luns e ata o próximo venres no campo de golf do Balneario de Mondariz.

Campo de golf, como o que pretende construír Louzán en Baiona
Campo de golf, como o que pretende construír Louzán en Baiona

Neste torneo, enfocado ao público senior, participan 169 golfistas da Asociación Española de Séniors de Golf, procedentes de toda España e dos que 60 proveñen de Madrid e 69 de Cataluña.

Os xogadores do torneo teñen a oportunidade de gozar da oferta turística galega a través dun programa complementario de actividades no que se inclúe un cruceiro pola ría de Vigo e unha visita ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, entre outras propostas.

Precisamente, o Plan Integral de Turismo de Galicia reflicte a necesidade de impulsar a promoción e o apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos en tempada baixa, así como para a creación de campionatos de golf vinculados ao turismo termal.

Temas: GOLF TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta