A Xunta xustifica que "se reúne con todos" tras o encontro coa embaixada de Israel

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2025 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, xustificou a reunión mantida por membros da Administración galega cun representante da embaixada de Israel. A preguntas dos xornalistas, tras as queixas do BNG por un encontro co responsable de negocios da embaixada de Israel, no contexto do xenocidio en Gaza, asegurou que a Xunta mantén reunións "con todas as delegacións diplomáticas".

"Hai uns meses coa directiva de xornalistas de Gaza", dixo para enmarcar a mantida co represenante de Israel nunha reunión "normal". "Non sei por que o BNG está tan ofendido", sentenciou para apuntar aos acordos da formación nacionalista con Bildu e con referencia á presenza en listas electorais "con terroristas condenados".

Reunión do encargado de Negocios da Embaixada de Israel en España, Dan Poraz, e o director xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo. XUNTA
Reunión do encargado de Negocios da Embaixada de Israel en España, Dan Poraz, e o director xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta