O número de afiliados á Seguridade Social crece na Coruña e Ourense durante o mes de abril

De media, o número de afiliados á seguridade social con residencia en Galicia subiu un 1,4% en abril, respecto ao mesmo mes de 2024, ata 1.019.106 traballadores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2025 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Ourense e A Coruña situáronse como as cidades galegas onde máis creceu o número de afiliados á Seguridade Social no mes de abril, cun incremento do 2,4% e do 2%, respectivamente.

Así se desprende das cifras de afiliados por concellos de residencia publicadas este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), que indican que nos últimos 12 meses o sete grandes cidades galegas rexistraron incrementos no seu número de cotizantes.

De media, o número de afiliados á seguridade social con residencia en Galicia subiu un 1,4% en abril, respecto ao mesmo mes de 2024, ata 1.019.106 traballadores.

Ourense situouse á cabeza das cidades, crecendo un 2,4%, ata case 38.200 traballadores. Na Coruña superáronse os 95.550 cotizantes, un 2% máis.

Pontevedra e Lugo situáronse por baixo da media galega, subindo ambas un 1,3%, con 30.681 e 39.069 afiliados a finais de abril, respectivamente.

Oficina de Emprego
Oficina de Emprego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta