Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2025 | Actualizada ás 14:19
A deputada do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, anunciou que levará á Cámara as demandas dos traballadores e usuarios polos "recortes no ámbito laboral e asistencial" nas residencias de maiores.
Segundo trasladou a formación nacionalista nunha nota de prensa, Rodil denunciou durante unha visita á residencia de Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei, a "falta de medidas" por parte da Xunta, que "soamente eliminou a obrigatoriedade de ter unha enfermeira 24 horas nestes centros".
Nesta liña, a nacionalista criticou na xornada que a propia institución lucense "era de titularidade pública", pero o Goberno galego "privatizouna".
Con todo, Rodil defendeu unha "vellez digna" e un modelo de coidados que "prime o benestar das persoas antes que os beneficios das empresas privadas" e engadiu que, "é un dereito das persoas residentes recibir unha atención digna e en condicións de claidad".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.