Un percebeiro de Ferrol sofre unha fractura de cranio por mor dun golpe de mar e acode polo seu propio pé ao hospital

O incidente produciuse cando o profesional estaba a traballar na zona do Pieiro, en Doniños.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 30/05/2025 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

Un percebeiro de Ferrol sufriu unha fractura de cranio por mor dun golpe de mar que o arrastrou contra as rocas, un incidente produciuse este xoves, 29 de maio, cando o profesional estaba a traballar na zona do Pieiro, en Doniños. Trátase de Jesús O., moi coñecido no depósito de Ferrol, do que é socio desde hai moitos anos, que a pesar da ferida e de perder abundante sangue decidiu abandonar a zona polo seu propio pé e desprazarse no seu propio vehículo ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

Desde alí foi trasladado adado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde será intervido debido á gravidade das feridas. Segundo puido saber Europa Press, o home sufriu unha fractura de cranio, o que subliña a forza do impacto sufrido polo percebeiro. O patrón maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, Gustavo Chacartegui, explicou que "un golpe de mar" lanzouno "contra as rocas" e, aínda que puido saír polo seu propio pé e foi á residencia el só, tiña unha fractura importante na fronte". "Por iso, vano operar este domingo, aínda que está consciente e fala", explicou.

Percebeiro
Percebeiro | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta