Temas: PSOE

Leiceaga será o candidato do PSdeG á Xunta

O rural resulta clave para a vitoria do candidato santiagués, que conseguiu 128 votos en Vigo tras a súa alianza con Gonzalo Caballero, fronte a 418 do seu rival, Méndez Romeu, apoiado polo alcalde Abel Caballero.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/05/2016 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

Xoaquín Fernández Leiceaga foi elixido candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta no proceso interno que celebraron os socialistas galegos para elixir o seu cabeza de cartel nas eleccións de Outono, a falta do reconto total dos apoios, aínda que ambas as candidaturas xa recoñecen a vitoria para o economista noiés. As primeiras cifras, provisionais, dan uns 3.400 apoios para Leiceaga fronte a 2.784 do seu rival.

Xaquín Fernández Leiceaga
Xaquín Fernández Leiceaga

 

Aínda que en cidades como en Vigo, cuxo alcalde, Abel Caballero, situouse a favor de Méndez Romeu, onde o candidato coruñés obtivo unha clara vitoria --418 votos por 128 de Leiceaga--, o economista venceu nas localidades de Pontevedra --138 fronte a 76--, Ferrol --98 a 79--, Lugo --147 a 87-- e Vilagarcía --89 fronte a 47---

Con todo, a vitoria para o candidato socialista fraguouse en especial no rural, onde obtivo un plus de decenas de votos. Ademais, Leiceaga tamén se fixo coa vitoria na cidade de Ourense --196 a 143--, divida en dous bloques, un deles os afíns ao exsecretario xeral Pachi Vázquez.

Temas: PSOE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 carrera

Leiceaga representa lo poco decente que tiene esta pandilla de satrapas!!!!

6 Gamela

Leiceaga debera dicir algo mañán mesmo no Pleno do Concello de Vigo, onde o cuco de Abel vai abrir o melón da súa Democracia Privativa coa infame modificación do Regulamento que mesmo CENSURA aos xornalistas e reduce a 5 minutos a voz da xente... ¿é ista a democracia que defende o PsoE? http://www.lavozdegalicia.es/notici...

5 Gamela

alomenos nesta ocasión a casta perdeu as eleccións ! pero antes de chegar a outubro cómpre rabuñar tódolos votos para evitar outros 4 anos nefastos... https://www.change.org/p/a-unidos-p...

4 Mar B.

Bueno, hoxe con esta decisión o PSOE deixou de ter opcións á Presidencia da Xunta

3 a ver se desta

A primeira vez que os socialistas tenhem um candidato nos trinta e pico anos de autoanemia, que parece mais do PSdG que delegaçom madrilenha do PSOE. Espero q ajude a alternativa progresista do pais, coas diversas formaçons , e tirarmo-nos dumha vez denriba o pesado jugo pepeiro.