Condenan ao Sergas a pagar 283.000 euros por mala praxe na detección dun cancro de colon

O SERGAS e a súa aseguradora, Insurance Company, están obrigados a indemnizar á familia dunha falecida á que lle detectaron tarde o cancro de colon.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/06/2025 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O TSXG confirmou a sentenza emitida polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña que condenou ao Sergas e á súa aseguradora á indemización da familia dunha falecida por cancro de colon. No seu fallo, ao que tivo acceso Europa Press, desestima os argumentos presentados por estas partes fronte á sentenza do Xulgado.

A familia fíxoo despois de que a Consellería de Sanidade desestimase, pola vía administrativa, unha reclamación por mala praxe en relación ao seguimento do paciente no complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) en 2021. Esta parte alegaba atraso no diagnóstico dun cancro de colón no Hospital Universitario da Coruña, procedendo o xulgado herculino a ditaminar unha condena total de 283.004 euros.

Entre outros aspectos, para a condena, considérase que "lonxe de terse en conta a reiteración de episodios" en relación á sintomatoloxía pola que rematou no hospital  "e o feito de que a ecografía non ten a resolución suficiente para descartar un cancro de colon", o complexo hospitalario remitiu á muller ao seu domicilio. "Sen polo menos, practicarlle no mesmo hospital ou en menos dun mes, a proba que arroxaría o diagnóstico definitivo, que era a colonoscopia", sinala en relación á detección do citado cancro.

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) | Fonte: Nemigo en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta