Galicia sitúase sete puntos por baixo da taxa de pobreza rexistrada no conxunto de España, segundo Arope

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2025 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

O risco de pobreza e exclusión social en Galicia sitúase no 18,8%, segundo a taxa Arope --realizada pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN)--, que mide esta cuestión. Unha cifra que, segundo destacou a Xunta, sitúa á Comunidade sete puntos por baixo da taxa rexistrada en media no conxunto do Estado, que é dun 25,8%.

Así mesmo, o Goberno galego sinalou que este indicador tamén revela queGalicia presenta os mellores datos no que se refire a a situación da infancia, que representa o 17,5%, 17 puntos por baixo da media estatal, que é do 34,6%.

Neste contexto, a Administración autonómica salientou a posición de Galicia ao contar con "mellores indicadores de pobreza", cuns datos que se sitúan en "mínimos históricos", tanto na poboación adulta como na infancia e adolescencia.

Pobreza enerxética
Pobreza enerxética | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta