Críticas na Cámara galega polo "abandono" do transporte escolar galego

O BNG denuncia "discriminación por orixe" de estudantes de FP e a Xunta reivindica o transporte compartido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2025 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

O deputado do BNG Paulo Ríos denunciou "discriminación por orixe" dos estudantes de formación profesional, "en especial" do rural e de vilas pequenas da comunidade "que non teñen alternativa no transporte público para desprazarse aos seus centros".

Pola súa banda, a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, destacou o transporte escolar compartido como "unha fortaleza" da mobilidade galega. Neste curso, segundo datos da Xunta, move máis de 43.000 estudantes de case medio milleiro de centros.

Para Fontela, este sistema integrado é "unha fortaleza" pola súa "eficacia e eficiencia". Así, rexeitou as críticas do nacionalista e reprochoulle que na súa intervención "mestura un pouco de todo" con problemas e incidencias do transporte público.

En concreto, Paulo Ríos apuntou información da última memoria anual do plan de transporte de Galicia que "reflicte un empeoramento na valoración que fan os centros de ensino deste servizo" e sinalou que aumentan as incidencias e queixas "por falta de prazas e irregularidades como o incumprimento de horarios ou atrasos".

A responsable de Mobilidade da Xunta, en comisión parlamentaria. XUNTA
A responsable de Mobilidade da Xunta, en comisión parlamentaria. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta