Baltar pai tamén investigado pola denuncia ao seu fillo

O Xulgado número 3 de Ourense investigao por suborno e tráfico de influencias tras a denuncia dunha muller que acusa ao presidente da Deputación de Ourense por supostamente conseguir traballo a cambio de sexo.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 31/05/2016 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 3 de Ourense citou a declarar a tres novas persoas no marco da investigación aberta tras a denuncia presentada por unha muller contra o presidente da Deputación ourensana, Manuel Baltar, por supostamente ofrecerlle traballo a cambio de sexo.

José Luis Baltar durante a súa época de presidente da Deputación de Ourense
José Luis Baltar durante a súa época de presidente da Deputación de Ourense

A xuíza, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), citou en calidade de investigado polos presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias ao pai do presidente para o 8 de xuño.

O día 7 están citados en calidade de testemuñas o asesor xurídico da Deputación no momento dos feitos que se investigan e o representante dun hotel da cidade.

Nunha providencia notificada este martes, a maxistrada dá traslado tamén a Fiscalía para que se pronuncia sobre a declaración de causa complexa.

O pasado 13 de outubro, unha muller denunciou ante a Fiscalía de Ourense que Manuel Baltar lle ofreceu no ano 2010 "unha praza fixa" na institución provincial, que entón aínda dirixía o seu pai, José Luis Baltar, "ou mesmo noutro lugar", a cambio de sexo.

Recentemente, o político do PP declinou pronunciarse sobre que a titular do Xulgado de Instrución número 3, Eva Armesto, que o investiga por supostos delitos de tráfico de influencias e suborno, chamara tamén a declarar en calidade de investigado ao xefe de persoal da Deputación, José Luis Suárez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pelotudo

Raro raro que este medio saque algunha mala noticia da gran famiglia caciquil de Ourense