Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2025 | Actualizada ás 19:40
Os Bombeiros de Arzúa tiveron que excarcerar a unha persoa tras unha colisión frontal entre dous turismos no quilómetro 55 da N-547.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 16.00 horas deste mércores e foi un dos particulares os que deu a voz de alarma a través do sistema de eCall do vehículo.
No operativo participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Os bombeiros tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar á vítima, a única persoa ferida no accidente, e que foi trasladada en ambulancia ao CHUS.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.