Este martes e mércores haberá probas de funcionamento das sereas de aviso á poboación adscrita a 41 encoros

Durante a proba sonora activaranse máis dun centenar de sereas situadas por todo o territorio: Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adianta, e Augas de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2025 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 17 e 18 de xuño, unha activación de proba das sereas de aviso á poboación adscritas a 41 encoros con Plan de Emerxencia. Durante a proba sonora activaranse máis dun centenar de sereas situadas por todo o territorio: Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adianta, e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A maiores, activaranse as catro sereas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove. Estas probas non afectarán á actividade diaria dos veciños. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

O encoro de Velle liberando auga do río Miño
O encoro de Velle liberando auga do río Miño | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta