A facturación da industria cae un 1,2% tras o anuncio dos aranceis de Trump, en abril

Pola súa banda, o sector servizos rexistrou un aumento da súa facturación do 0,2% en abril en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2025 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

A cifra de negocios da industria baixou un 1,2% en abril en relación ao mesmo mes de 2024 en Galicia, fronte ao descenso do 7% da media, que, pola súa banda, é o seu maior retroceso interanual desde marzo de 2024, cando se esborrallou un 12,2%, segundo os datos difundidos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Neste comparativa hai que ter en conta que a Semana Santa celebrouse este ano en abril, mentres que o ano pasado tivo lugar en marzo. Co descenso de abril, as vendas da industria volven a taxas negativas despois de encadear dous meses de incrementos.

Corrixidos os efectos estacionales e de calendario, a facturación da industria baixou un 1,3% interanual en abril, fronte ao incremento do 0,4% rexistrado en marzo. Na serie corrixida, rompe así con cinco meses de aumentos interanuais consecutivos na facturación da industria.

Planta do grupo Stellantis en Vigo
Planta do grupo Stellantis en Vigo | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez

SECTOR SERVIZOS

O sector servizos rexistrou un aumento da súa facturación do 0,2% en abril en Galicia en relación ao mesmo mes de 2024, taxa 1,5 puntos inferior á da media e o menor incremento por comunidades autónomas, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No conxunto estatal, o sector servizos rexistrou un aumento da súa facturación do 1,7% en abril en relación ao mesmo mes de 2024, taxa 5,6 puntos inferior á do mes anterior e a máis moderada desde novembro do ano pasado. Co avance de abril, as vendas do sector servizos encadean 13 meses consecutivos de taxas interanuais positivas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta