As 60 maiores compañías industriais e tecnolóxicas de Europa ven positivo o pacto, pero piden máis ambición para fortalecer a relación transatlántica.
  comenta   0
Camilo José Cela nolo inmortaliza: “A máis nobre función dun escritor é dar testemuño, como acta notarial e como fiel cronista, do tempo que lle tocou vivir”. É traballo arduo e complexo, mais na nosa cainita realidade.
  comenta   0
Se os gobernantes son os que deben dar exemplo de ética e humanidade, dende hai un tempo, debido a diversos feitos e decisións políticas que se van coñecendo no mundo, a deriva cara unha deshumanización da política é evidente. Cando as persoas son tratadas como números e mercancías ademais de xogar coa súa dignidade sen pudor é un indicativo de que algo vai mal.
  comenta   0
As principais manifestacións están contempladas para as 11.00 horas na Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense, Ferrol, Melide, Irixoa, Lugo, Xinzo de Limia, Tui, Redondela, O Grove, Vilagarcía, O Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos e San Cibrao.
  comenta   0
Dente hai un tempo semella que, mediante o voto popular, elíxense para gobernar ás persoas máis ególatras, narcisistas, excéntricas e ruidosas que pululan polo mundo.
  comenta   0
Maceiras subliña a expansión selectiva da multinacional e o aprovisionamento en proximidade ante aranceis
  comenta   0
Bruno González Cacheda, profesor de Ciencia Política na UVigo, analiza as motivacións do ataque a Irán e a resposta calculada de Teherán, nun contexto de hexemonía estadounidense en crise. Pese á gravidade do ataque do pasado sábado, Irán optou por unha resposta medida.
  comenta   0
A acción conxunta de Israel e Estados Unidos contra as instalacións nucleares de Irán reaviva a estratexia da disuasión militar e a loita pola hexemonía global. A visión económica de Trump mestúrase coa estratexia de Israel para evitar unha bomba nuclear iraniana... e quizais tamén un réxime. Falamos con José Julio Fernández Rodríguez, catedrático de Dereito Constitucional da USC e director do CESEG.
  comenta   0
Pontón rexeita os ataques de Israel e EEUU en Irán, que cren que "pisan o acelerador" a un conflito "que pode ter escala mundial".
  comenta   0
Levamos un tempo no que, por medio das urnas, están chegando ó poder gobernantes que, con faciana de demócratas, actúan como persoas egocéntricas que se achegan moito á tiranía. Persoas sen alma, que se endiosan e cren que son os amos únicos da razón, e como tal actúan.
  comenta   0
Asime di que a afectación dos aranceis de Trump non se prevé tanto de forma directa, "xa que só representa en torno ao 4% da nosa exportación".
  comenta   0
Na presentación da convocatoria do Congreso extraordinario do PP para o vindeiro mes de Xullo, Alberto Núñez Feijoo atreveuse a realizar un xogo de palabras -"imos pasar do conclave do Papa ao conclave do PP"- que revela a mediocre calidade das persoas encargadas de construír a oratoria deste dirixente político.
  comenta   0
Durante anos foron vistas como un experimento arriscado, pero hoxe as criptomonedas parecen gañar un lugar lexítimo nas carteiras de investimento de quen pensa no longo prazo. Non só polo seu potencial de crecemento, senón pola combinación de tecnoloxía, regulación e adopción que as apoia cada vez con máis solidez, especialmente, se as fomentan presidentes de estados como é o caso de Trump ou Milei.
  comenta   0
Como se pode comprobar, case diariamente, dende o pasado mes de Novembro -co trunfo de Trump nas eleccións presidenciais norteamericanas- o foco da atención internacional está practicamente concentrado no que se cociña nos despachos da Casa Branca.
  comenta   0
Di que a UE, impulsada polo propio goberno ianqui, foi creada "co obxectivo principal de aproveitarse de Estados Unidos no ámbito comercial".
  comenta   0
O paquete de actuacións, que combina acción directa co tecido empresarial e medidas técnicas de apoio, "busca anticiparse aos impactos económicos e reforzar a resiliencia internacional das compañías galegas".
  comenta   0
Sobre a votación do Real Decreto para as axudas do Goberno fronte aos aranceis anunciados por Donald Trump, Besteiro puxo en valor que van "dirixidas a mellorar a posición das empresas" e que, ademais, "favorecerá a empresas galegas". Por iso, manifestou que observa "con preocupación" o posicionamento do PP, que "tenta torpedealo".
  comenta   0
Nas loitas do maio do 68 francés, século pasado, alguén acuñou unha frase que dicía: Que paren o mundo que baixo.
  comenta   0
Na primavera de 1975, o Exército dos USA sufriu unha contundente derrota na guerra de Vietnam. A pesar do grande volume de recursos humanos e materiais empregados durante 20 anos e da encarnizada crueldade practicada, as forzas armadas norteamericanas non foron quen de eliminar a mobilización resistente protagonizada pola poboación vietnamita.
  comenta   0
.. porque a historia continúa, máis aló de nós, e cando ela di adeus, está a dicir: ata logo... Eduardo Galeano
  comenta   0
O sector do metal galego mira con preocupación cara aos Estados Unidos, logo da imposición de novos aranceis por parte do goberno de Donald Trump. Dende a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), a patronal que representa a industria do metal galega, non dubidan en cualificalo como "un cambio de paradigma" que pon en xaque o modelo de globalización e comercio internacional que imperou nas últimas décadas.
  comenta   0
Trátase da represalia europea polas recargas xeneralizadas do 20 % sobre todas as importacións europeas e do 25 % ao coche e compoñentes procedentes da UE.
  comenta   0
O economista e profesor na UVigo Alberto Vaquero confesa que, "dende a óptica económica, cústame moito entender a medida tomada, sobre todo porque hoxe en día non hai economías pechadas, senón que operamos nun mercado globalizado e interdependente". Para facer fronte ás decisións de Trump asegura que "a nosa mellor baza é a unidade europea".
  comenta   0
Os ministros de Comercio da Unión Europea tratarán este luns de fixar as "directrices políticas" da represalia que deseña o Executivo comunitario de Ursula von der Leyen á guerra arancelaria lanzada polo presidente de Estados Unidos, Donald Trump; unha resposta que é competencia de Bruxelas pero ante a que os 27 queren mostrar unidade, a pesar das súas diverxencias internas respecto dos tempos e o alcance das contramedidas posibles.
  comenta   0
...A morte sempre é unha: a que dita o cruel xenocida e a que arbitran os amos do mundo no nome da paz... Marica Campo
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, enviou este venres unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para pedir unha reunión urxente para analizar o impacto que os aranceis impostos por Estados Unidos poden ter sobre Galicia.
  comenta   0
Gadisa Retail potencia a franquía Claudio con oito aperturas en catro comunidades.
  comenta   0
O Ibex 35 tivo un particular 'venres negro' durante a sesión de hoxe, caendo un 5,83 % ata situarse nos 12.422 puntos, borrando 770 puntos nunha soa sesión e todo o avance rexistrado en febreiro e marzo.
  comenta   0
Volve reiterar que o Goberno central "acertará" se ten en conta falar coas comunidades para a adopción de medidas e o ministro Cuerpo anuncia esa reunión para o xoves.
  comenta   0
A Eurocamara pide menos obrigas ambientais para proxectos enerxéticos e a tramitación máis rápida de iniciativas dede enerxía limpa. Proxectos mineiros, tecnolóxicos e industriais terán preferencia.
  comenta   0