Milleiros de persoas piden que Galicia decida libre o seu futuro na manifestación do Día da Patria

Pontón reclama que a o BNG sexa a casa común" de todos os galegos e lembra que no BNG non hai ningún condenado por corrupción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2025 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Milleiros de persoas participan na manifestación convocada polo BNG polo 25 de xullo, Día dá Patria, na que a líder do BNG, Ana Pontón, animou aos nacionalistas a ampliar o apoio social e electoral dunha formación que quere ser "a casa común" de todos os galegos e galegas.

"Estamos aquí para dicir alto e claro que vale a pena loitar por este país, loitar por Galicia, pola súa xente e polo seu futuro; e que vale a pena facelo da man dunha cidadanía que, cada vez máis, quere unha Galicia dona de si, con máis oportunidades", subliñou Pontón.

Ademais, a líder do Bloque reivindicou que, fronte á corrupción que "afecta o bipartidismo parasitario", os galegos teñen a un BNG que é "alternativa" e que "nunca tivo un condenado por corrupción". Baixo a lema 'Galiza Sempre', miles de persoas percorren as rúas do centro da capital galega nunha marcha que remata na Praza da Quintana.

Manifestación do Día da Patria, 25/07/2025 / Claudia Varela Lourido
Manifestación do Día da Patria, 25/07/2025 / Claudia Varela Lourido

"Co sorriso nos beizos e coa man tendida temos que acoller no BNG a todas as persoas que levan a Galiza na cabeza e no corazón, temos que ir transformando ese enorme amor ao País e esa esperanza nun futuro mellor en consciencia política e en apoio electoral. Ese é o noso labor primordial e o noso maior reto nestes intres históricos que vivimos”, destacou na súa intervención. 

E nese camiño, alertou Pontón, seguirán os ataques contra o BNG, por terra, mar e aire, con descualificacións propias do estilo da dereita máis “montaraz” para reducir o apoio social ao Bloque, pero seguirán fracasando, augurou, “porque a sociedade mudou e quere unha Galiza máis dona de si, máis próspera e avanzada e por iso o cambio é imparable”.

Convidando a pensar unha Galiza “en grande”, Pontón insistiu na necesidade de “incorporar” máis pobo, logrando que o BNG sexa a “casa común” de todos os galegos e as galegas. Cunha referencia expresa ao papel que deben xogar as mulleres. 

“Somos unha nación de mulleres valentes, traballadoras, que en circunstancias duras, sostiveron o País coas súas mans”, recalcou, ao tempo que apelaba ás mulleres a sumarse ao Bloque, “a ter cada vez máis peso nas responsabilidades orgánicas e institucionais, porque temos moito que aportar tanto a esta organización como ao País. Máis mulleres activas é a mellor fórmula para conquistar a igualdade real e unha Galiza mellor, porque o futuro será feminista ou non será”, alegou.

Manifestación do Día da Patria, 25/07/2025 / Claudia Varela Lourido
Manifestación do Día da Patria, 25/07/2025 / Claudia Varela Lourido

PAZ E DEMOCRACIA

Pontón tamén adicou parte da súa intervención ao contexto internacional marcado polo xenocidio do pobo palestino ante a conivencia dunha Unión Europea. “Falar claro é denunciar o imperialismo ianqui que Trump e súa oligarquía mostran con total descaro, empeñados en someter ao mundo aos seus intereses, e condenar a barbarie do estado criminal de Israel sobre Palestina”, mentres a UE mira para outro lado”. Os que falan agora de autonomía estratéxica europea para ser cribles deben empezar por dicir non ao 5% do gasto militar “e por dicirlle a Trump que non queremos nin as súas bases nin a súa OTAN”, alegou.

“Temos que rebelarnos contra este escuro futuro e a alternativa está aquí, nos pobos e nacións de Europa que defendemos a democracia, o antimperialismo e o pacifismo. Porque hoxe esa é unha tarefa urxente: a defensa da paz, da igualdade entre os pobos e  da democracia”, concluíu.

Manifestación do Día da Patria, 25/07/2025 / Claudia Varela Lourido
Manifestación do Día da Patria, 25/07/2025 / Claudia Varela Lourido
Manifestación do Día da Patria, 25/07/2025 / Claudia Varela Lourido
Manifestación do Día da Patria, 25/07/2025 / Claudia Varela Lourido
Manifestación do Día da Patria, 25/07/2025 / Claudia Varela Lourido
Manifestación do Día da Patria, 25/07/2025 / Claudia Varela Lourido
Manifestación Día da Patria BNG. EUROPA PRESS - Archivo
Manifestación Día da Patria BNG. EUROPA PRESS - Archivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta