Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2025 | Actualizada ás 14:35
Medicos voluntarios e estudantes do último ano de MIR e, especialmente, atención en zonas costeiras. O novo plan de verán do Sergas pretende "repetir" o esquema "que tan ben funcionou" o pasado ano, segundo apuntou este luns o vicepresidente da Xunta, Diego Calvo. Un plan dotado de 12,1 millóns de euros e que incluirá, en liñas similares ao do ano pasado, bolsas de médicos voluntarios para cubrir vacantes en centros de saúde e puntos de atención continuada (PAC).
O Consello da Xunta aprobou esta nova folla de ruta para os "próximos meses", nos que as "necesidades de persoal de atención primaria vanse a ver incrementadas" como consecuencia do período vacacional, especialmente, en zonas costeiras. Así o avanzou Diego Calvo tras presidir a reunión semanal do Goberno galego en substitución do presidente, Alfonso Rueda, que participa este luns nun acto no Porto.
Para este verán, de novo o Sergas buscará tamén reforzar os centros de saúde con médicos internos residentes (MIR) de último ano, supervisados por outros médicos, na especialidade de Pediatría e Medicina Familiar e Comunitario. Tamén se habilitará unha bolsa de persoal voluntario dispoñible para cubrir gardas na PAC, que de momento conta con 149 profesionais inscritos.
Con todo, o Sergas aínda non te previsto o número de prazas que se ofertarán nesta campaña estival. "Veremos as prazas máis adiante", dixo Calvo. "No verán sempre hai desprazamento a zonas costeiras e, por iso, o que queremos reforzar son esas prazas", engadiu. A Xunta destaca que este plan "xa funcionou o pasado ano" e espera "que tamén funcione este ano".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.