Sofre queimaduras graves tras tentar apagar unha pila de leña en chamas en Cuntis

Tivo que ser evacuado ao Hospital Montecelo con queimaduras graves en cara e brazos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/06/2025 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido este luns en Cuntis tras tentar apagar unha pila de leña en chamas. En concreto, tivo que ser evacuado ao Hospital Montecelo con queimaduras graves en cara e brazos. Segundo informa o 112 Galicia, foi un particular quen alertou de que estaba a arder unha pila de leña preto dunha casa e de que unha persoa tentaba apagar as chamas cunha mangueira.

Pouco despois pediron asistencia sanitaria para un home que tiña queimaduras na cara e brazos. En concreto, o suceso tivo lugar no Furco, na parroquia de Arcos. Ata alí desprazáronse Urxencias Sanitarias, GES da Estrada, Garda Civil, Protección Civil de Cuntis, da Estrada e medios da Consellería do Medio Rural.

INCENDIO NUNHA VIVENDA DE CEE

Doutra banda, os bombeiros do parque provincial de Cee desprazáronse este luns ata unha vivenda na Avenida Fernando Blanco por un incendio na cociña desta. Unha vez alí, os bombeiros procederon á extinción do lume cun extintor. Cabe destacar que as tres persoas que se atopaban na vivenda tiveron que ser trasladas ao hospital Virxe da Xunqueira por posible inhalación de gases.

Hospital Montecelo
Hospital Montecelo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta