O vicepresidente descoñece se a Xunta organiza algo polo "Orgullo gai"

Di que se sumará "a calquera tipo de acto".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2025 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, descoñece se a Xunta ten "algún acto organizado polo Orgullo gai", en alusión ao Día Internacional do Orgullo LGBT, pero dixo sumarse "a calquera tipo de manifestación ou acto en que se poida recoñecer".

"Non temos ningún problema", afirmou Calvo, a preguntas dos xornalistas na rolda de prensa posterior ao Consello, que presidiu en ausencia do titular da Xunta, Alfonso Rueda. Así, cuestionado por esta celebración --o próximo 28 de xuño--, sinalou que non sabe se "a consellería correspondente" ten "algún acto organizado".

Varias persoas durante unha manifestación polo Día do Orgullo LGTBIQ+, o 28 de xuño, na Coruña
Varias persoas durante unha manifestación polo Día do Orgullo LGTBIQ+, o 28 de xuño, na Coruña | Fonte: M. Dylan - Arquivo

"Pero sumámonos a calquera tipo de manifestación ou acto en que se poida recoñecer o día do orgullo gai, non temos ningún problema", resaltou. Este luns, o delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, desplegou a bandera LGTBI+ para celebrar o Día Internacional do Orgullo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta