Besteiro insta a Rueda e a Feijóo a "pedir perdón" e a "asumir responsabilidades" tralo arquivo da Operación Pulpo

A actual presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, foi quen transmitiu o anónimo que deu inicio a esa instrución.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 23/06/2025 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, esixiu desculpas ao PP tras o arquivo da última peza da 'Operación Pulpo', que investigaba a suposta adxudicación ilícita dunha praza e malversación de fondos públicos en programas da Deputación de Lugo. "Creo que o PP debe pedir perdón. Feijóo e Rueda, que eran responsables da organización deste partido nese momento, deben pedir perdón e asumir responsabilidades políticas", aseverou.

A preguntas dos medios este luns en rolda de prensa, o líder dos socialistas galegos insistiu en que a actual presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, foi quen transmitiu o anónimo que deu inicio a esa instrución. Así mesmo, cuestionado polas palabras da xuíza que iniciou o proceso, Pilar de Lara, que en publicacións en Facebook reprochou as críticas do PSdeG sobre o seu labor xudicial nesta causa, Besteiro afirmou que o "único" que ten que dicir sobre a maxistrada é "o que o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) decidiu cando foi sancionada". "Fixarse como acabou todo: a única sancionada e condenada foi Pilar de Lara", subliñou.

"Neste caso, xuntáronse a fame coas ganas para comer", manifestou en referencia ao PP e á xuíza e apuntou que a cuestión "rematou como todos sabemos que remata" tras 12 anos de "máis de 60 tomos xudiciais e inxentes recursos públicos", dos que, engadiu, "parece que ninguén se acorda agora". Nesta liña, reiterou que os populares deben "asumir responsabilidades" ou "polo menos pedir perdón" por "terse claramente equivocado".

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, en rolda de prensa | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Eso de "pedir perdón" estase poñendo de moda ? Se ben é certo que Pilar de Lara debera ser apartada da causa dende o seu inicio por "prevaricadora" non foi sanciona máis que pola dilación no procedemento (10 anos para nada) // Agora ben, que alguén me explique se tamén imos ter que pedir pedón por lavantar a mole do Garañón do Parque de Lugo (un pelotazo de categoría) e por ter de derrubalo anos despois a cargo do Concello de Lugo ? (ou estou equivocado en que este asunto SI foi asinado por Besteiro) ? Sería boa cousa que os que coñecen o asunto den a súa opinión ao respecto. En Vigo temos un "socialista" que levan malvendendo Patrimonio Público 18 anos e ninguén se pode meter nos seus Negocios...(disque ten maioría absoluta para negociar co Patrimonio de Todos) ? Se ben é certo o abuso da xuíza tamén será certo que Besteiro andaba buscando Beneficios no Parque de Lugo (?)