Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/06/2025 | Actualizada ás 17:32
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP repartiu un total de 13.868 euros a 112 centros de titularidade privada, tamén concertados, para o desenvolvemento de proxectos de fomento do uso do galego. En total, a media sería de 125€ por centro, aínda que algúns reciben máis e outros menos.
Así o recolle unha orde que publica este xoves o Diario Oficial de Galicia (DOG), na que figura a relación definitiva dos colexios que foron beneficiarios desta liña de subvencións. Dos 112 centros educativos, 45 están situados na provincia da Coruña, 39 na de Pontevedra, 16 na de Ourense e 12 na de Lugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.