O comisario europeo de Pesca e Océanos, Costas Kadis, desenvolverá unha visita oficial a Galicia os días 10 e 11 de xullo, cunha axenda centrada nos principais retos e necesidades do sector pesqueiro e transformador galego. Durante a súa estadía, Kadis manterá un encontro en A Coruña co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, así como con representantes de diferentes asociacións profesionais do mar.

Está previsto que o comisario visite tamén a Delegación do Goberno en Galicia, onde celebrará reunións centradas nas políticas europeas para o sector pesqueiro, nun contexto no que a aplicación dos regulamentos comunitarios, os TACs (totais admisibles de capturas) e as cotas de pesca son temas de constante negociación entre Bruxelas e os estados membros.
VIGO: CENTRO DA TRANSFORMACIÓN E CONSERVA
Ademais da súa estancia na cidade herculina, Kadis desprazarase a Vigo, epicentro da actividade industrial ligada ao mar en Galicia. Alí visitará as instalacións da Asociación Conxemar, que agrupa ás principais empresas dedicadas á elaboración e comercialización de produtos do mar conxelados a nivel estatal.
O comisario manterá ademais reunións con representantes da industria conserveira, outro dos piares da economía mariña galega. Galicia concentra a maior parte da produción de conservas de peixe e marisco de todo o Estado, cunha importante presenza en mercados internacionais.
CONTEXTO EUROPEO E DEMANDAS DO SECTOR
A visita de Kadis prodúcese nun momento no que as organizacións galegas do mar demandan maior flexibilidade na aplicación de certas normas europeas, como as restricións á pesca de arrastre ou as esixencias medioambientais que afectan á rendibilidade das empresas.
A presenza do comisario supón, para moitos axentes do sector, unha oportunidade para trasladar directamente a Bruxelas as súas preocupacións, nun territorio no que a pesca ten un peso estratéxico tanto económico como social.
Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
- Falece Marisol Novoa, presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense
- Seguen aumentando os traballadores estranxeiros en Galicia, un 3,7% máis en xullo
- Os carburantes tocan prezos mínimos en plena ponte do 15 de agosto
- A facturación do sector servizos crece un 3,6% en xuño en Galicia
- Premio PEL da Deputación da Coruña para Severino Escurís, presidente honorífico de Actemsa
- A Xunta dá luz verde a unha planta de residuos en Rianxo