Caída da produción láctea polas altas temperaturas

Esta produción "ameaza con marcar o devir do mercado lácteo nos próximos meses".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2025 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

Unións Agrarias-UPA alertou da redución da produción de leite "que ameaza con marcar o devir do mercado lácteo nos próximos meses", sinala nun comunicado. Nel, afirma que "as altas temperaturas que están rexistrándose nas últimas semanas, anormalmente elevadas para esta época do ano, sen dúbida terán consecuencias para o volume da produción láctea".

"Unha situación que, co verán aínda arrincando, non se espera que vaia cambiar proximamente e que chega tras un arranque de ano no que, por primeira vez, as granxas galegas non foron quen de manter o seu volume de entregas". Así, apunta que "entre xaneiro e marzo deste ano as explotacións galegas entregaron preto de 759.500 toneladas de leite". "Unha cifra que supón unha caída do 0,78% respecto ao mesmo período do ano anterior e que representa todo un fito, pois é a primeira vez que o sector non só non mantén o seu volume de produción senón que o reduce".

Unha vaca dunha gandaría de lácteo. Carlos Castro
Unha vaca dunha gandaría de lácteo. Carlos Castro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta