"Un momento moi difícil para Yolanda, pero herdou o carácter loitador do seu pai"

A portavoz de Sumar, Verónica Barbeiro, destaca a firmeza de Díaz ao manter a súa intervención no debate sobre o caso Santos Cerdán.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/07/2025 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, participou este mércores en nome de Sumar durante a comparecencia no Congreso do presidente Pedro Sánchez, pese ao "momento moi difícil" que está a afrontar tras a morte do seu pai, o sindicalista ferrolán Suso Díaz.

Así o confirmou nunha entrevista en 'As mañás' de RNE, que recolleu Europa Press, a portavoz de Sumar no Congreso, Verónica Barbeiro, que afirmou que "é un momento esencial para o noso país", polo que Sumar "ten que estar representado pola presidenta do grupo, pola vicepresidenta do Goberno" Yolanda Díaz.

Barbeiro lembrou a Suso Díaz, histórico sindicalista de Comisións Obreiras falecido este martes aos 80 anos, polas súas "moitísimas virtudes", entre elas que era "un grandísimo loitador", algo que a ministra de Traballo "herdou".

"Non lles vou a enganar, é un momento moi difícil, moi difícil para Yolanda, pero ela ten que estar aquí e herdou iso do seu pai, ese carácter de loitadora. E por iso vai estar aquí representando o espazo nun momento en que entendemos que é crucial para a cidadanía escoitala a ela falando deste tema", engadiu.

Así as cousas, Díaz intervirá durante a comparecencia de Sánchez ante o presundo caso de corrupción do 'exnúmero tres' do PSOE Santos Cerdán. En concreto, tomará a palabra no hemiciclo na primeira quenda de Sumar, unha vez escoitado xa ao xefe do Executivo, e será quen expoña as liñas xerais do grupo plurinacional sobre as medidas anticorrupción e económicas e sociais que ao seu xuízo necesita España, segundo fontes de Sumar.

A vicepresidenta segunda do Goberno e líder do proxecto 'Sumar', Yolanda Díaz, nun acto de 'Por Coruña', xunto ao seu candidato á alcaldía, José Manuel Sande, e o seu pai e membro tamén da lista, Suso Díaz. M. Dylan - Europa Press
A vicepresidenta segunda do Goberno e líder do proxecto 'Sumar', Yolanda Díaz, nun acto de 'Por Coruña', xunto ao seu candidato á alcaldía, José Manuel Sande, e o seu pai e membro tamén da lista, Suso Díaz. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta