O Ministerio de Igualdade convoca un Comité de Crise tras os nove asasinatos machistas en xuño

O encontro busca reforzar a coordinación interinstitucional ante o alarmante repunte de feminicidios, que suma 22 vítimas no que vai de ano.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/07/2025 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O Ministerio de Igualdade convocou para este xoves un Comité de Crise co obxectivo de avaliar o preocupante repunte de asasinatos machistas rexistrados en xuño, cun total de nove vítimas, máis da metade delas en apenas 48 horas. No encontro, no que participarán tamén o Ministerio do Interior, as comunidades autónomas e a FEMP, abordarase a necesidade de reforzar a coordinación interinstitucional e o protocolo policial ante indicios de violencia de xénero. No que vai de 2025, foron asasinadas 22 mulleres, e desde 2003 a cifra total ascende xa a 1.316.

Manifestación contra a violencia machista | AXM
Manifestación contra a violencia machista | AXM

Durante a inauguración dun curso de verán na Complutense, a secretaria de Estado María Guijarro e a ministra Ana Redondo advertiron da gravidade da situación, subliñando que o 30 % dos feminicidios se producen nos meses de xullo e agosto. Tamén se alertou sobre a vulnerabilidade das mulleres migrantes en situación irregular, polo que Igualdade solicitou unha reunión co Ministerio de Inclusión para buscar solucións que garantan a súa protección. A ministra instou ao entorno das vítimas a estar vixilantes neste período e a contactar co 016 ante calquera sospeita.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta