Temas: ELECCIóNS

A nº1 de C’s por Pontevedra non se desculpa por usar unha tarxeta de discapacitados falsificada

“Non son a primeira que lle poñen unha multa de tráfico” responde María Rey. A candidata di que está a recibir un “aluvión” de mostras de apoio dende o aparato de Ciudadanos por algo que di pertence a súa “vida privada”.

Por M.V. | Pontevedra | 16/06/2016 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O diario ABC informou hoxe que a candidata número 1 de Ciudadanos por Pontevedra falsificou unha tarxeta de discapacitados. De acordo a versión de José Luís Jiménez no diario conservador, María Rey foi denuncianda pola Policía Local tras unha denuncia cidadá.

María Rey, de Ciudadanos Pontevedra
María Rey, de Ciudadanos Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com

 

A tamén concelleira na capital do Lérez, tería empregado fotocopias a cor da tarxeta de aparcamento do seu marido para poder aparcar no centro. Os presuntos feitos durarían polo menos catro meses e sucederon en 2014.

 

A Policia Local vixiou o seu automóbil durante varios meses e finalmente retirouno canda o do seu marido. Os axentes descubriron fotocopias dunha mesma tarxeta de minusválidos nos dous automóbiles. O orixinal, supostamente do Concello de Brión, nunca chegou presentarse, tampouco no preito contencioso administrativo no que a Xustiza ratificou a sanción imposta pola Policía Local.

 

Versión de María Rey

 

María Rey deu explicacións esta mañá, tras, segundo ABC, negarse a dar a súa versión cando foi consultada previamente á publicación da noticia. A concelleira non desmentiu os feitos, non pediu desculpas e vinculou o sucedido co xogo sucio propio das campañas”. 

 

“Anteriormente de estar en Ciudadanos puxéronme unha multa e pagueina, a partir de aí , nunca falei da miña vida privada, e non o vou a facer agora”, declarou. 

 

Rey interpreta que “hai medo a Ciudadanos e que queren desprestixiarme a min a nivel persoal pero o proxecto de Ciudadanos está por riba das persoas”. Cuestionada pola prensa en varias ocasións, a candidata esquivou pedir desculpa polos feitos. 

 

A política parece que nin considera deixar o seu posto porque di que recibiu un “aluvión de mensaxes de apoio” dos coordinadores da campaña de C’s e mesmo  dos meus compañeiros de corporación. 

Temas: ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Montesío

Imos ver, unha multa de tráfico é por aparcar nunha praza de minusválido sen tarxeta, unha infracción como calquera outra. O que fixo esta muller foi falsificar un documento público, o cal é un delito penado pola lei. Por qué a fiscalia non actuou penalmente contra ela? Así nos vai na sociedade do "todo vale". Pero non pasa nada, ela, tan fresca, segue de candidata number 1 dun partido político.

3 jot

Escapou-lhe a verdade do subconsciente: o projeto de Ciudadanos está por cima das pessoas.

2 Luguesa

Como persoa con mobilidade reducida que son, opino que debería ser inhabilitada para calquera cargo público durante un tempo, por uso fraudulento dun documento público.

1 Veteris

Tampoco causou dano a ninguén. En Pontevedra hai moitos apartamentos para minusválidos grazas ó concello, Ten razón, ademais, de que se trata dun asunto privado. Igual que o é o do acusado de pederastia no Parlamento.

1 Comunista

Ou coma o condenado por violar a unha muller drogándoa que facía parte do Consello Nacional das mocidades do BnG. http://feminismo.eu/conasceives/tag... O Torbe do BnG/CxG. Todo é "privado", coma os servizos municipais de Pontevedra.

2 Mongolia profunda tv.

Non causou mal algún? ogalla axiña aparte de discapacitado psiquico o sexas físico. Voume escaralhar cando te impidan a liberdade de movemento, polos malnados que aparcan nas beiraruas e nos rebaixes. Teñas que aparcar no quinto caralho, e darlle as mans na cadeira de rodas polo medio das ruas, xogando o pelexo.