Galicia encabeza as mortes relacionadas coa calor, con 159 en menos de dous meses: estamos preparados para este novo clima?

As temperaturas extremas deixa 1.180 mortes en España en menos de dous meses, un 1.300 % máis que en 2024.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2025 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) estima que, en case dous meses, puideron falecer en Galicia 159 persoas por causas vinculadas ás altas temperaturas, o que supón o dato máis alto de todas as comunidades autónomas e unha marca da última década. En toda España, a calor extrema dos dous últimos meses deixou un balance de 1.180 mortes en España atribuíbles a altas temperaturas, un 1.300 % máis que en 2024, fronte aos 70 falecidos do mesmo período do ano anterior, segundo datos compartidos este luns pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o ISCIII, a través do sistema de Monitorización da Mortalidade diaria (MoMo), e do Ministerio de Sanidade, desde a activación do plan da calor.

Mentres que por golpe de calor, desde a activación do plan, as comunidades autónomas, notificáronse dez falecementos atribuíbles. Cinco dos casos corresponden a persoas maiores de 65 anos, catro sitúanse no rango de idade entre os 52 e os 62 anos, e un do que se descoñecen os datos. Nos datos, que son os correspondentes ao período comprendido entre o 16 de maio e o 13 de xullo de 2025, obsérvase que se rexistraron 76 activacións do nivel vermello por calor extrema, mentres que no mesmo intervalo de 2024 non se produciu ningunha. Doutra banda, os rexistros do AEMET, o mes de xuño de 2025 alcanzou unha temperatura media mensual de 23,6 ºC, superando en 0,8 ºC o anterior máximo histórico rexistrado en xuño de 2017. Esta cifra tamén excede en 3,5 ºC a media do período climático 1991-2020.

Ademais, na primeira semana do mes de xullo, os falecementos atribuíbles á calor aumentaron un 47 % respecto ao global do mes de xuño, o que revela unha tendencia ascendente nos impactos sobre a saúde. Nun comunicado conxunto, advirten de que as previsións meteorolóxicas apuntan a que o mes de xullo continuará con temperaturas por encima da media histórica na totalidade do territorio nacional, cunha probabilidade estimada superior ao 70 %. A análise do perfil demográfico dos falecementos indica que o 95,08 % das persoas falecidas tiña máis de 65 anos. Do total, o 59,24 % eran mulleres. Esta distribución responde tanto á maior presenza de mulleres nas idades máis avanzadas como a factores fisiolóxicos que inciden nunha maior vulnerabilidade para os efectos da calor.

En canto á distribución territorial da mortalidade atribuíble ás ondas de calor, as comunidades autónomas máis afectadas foron Galicia, A Rioxa, Asturias e Cantabria. Estas rexións, que historicamente experimentaron veráns de temperaturas moderadas, presentan actualmente un incremento notable na vulnerabilidade climática. Este fenómeno podería estar relacionado cunha menor adaptación estrutural e social fronte a episodios de calor extrema.

Calor
Calor | Fonte: DANIEL MARCOS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta