O acusado de abuso sexual á súa curmá en Ferrol asegura que a relación foi consentida

Fiscalía e acusación particular piden para el unha pena de nove anos de prisión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2025 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Un mozo acusado de agredir sexualmente á súa curmá, no domicilio familiar situado en Ferrol o 12 de marzo de 2023, recoñeceu ter relacións con ela e alegou que foron "consentidas" durante o xuízo celebrado este martes na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña.

Durante o mesmo, explicou que tras unha noite "de festa" xuntos, na que consumiran alcol, ao chegar a casa os dous estaban "moi ben" e a nova pediulle "que fóra a durmir con ela á súa cama". "Tiñamos moi boa relación, contabámonos todo, xa viviramos xuntos en Colombia", relatou o procesado. Fíxoo tras incidir en que está "arrepentido" por ter unha relación coa súa "prima irmá" pero que foi unha "intimidade normal" na que a muller tamén "participaba". "Pido perdón porque é a miña curmá e o que fixemos está mal", dixo.

ESTADO DE EMBRIAGUEZ

En contraposición a esta versión, a denunciante -- que no momento dos feitos tiña 21 anos -- argumentou que lle pediu ao acusado que durmise con ela porque se atopaba "ebria" e "por se vomitaba". "Para que me coidase, nunca o fixen con insinuación, para min era como un irmán", insistiu. Así mesmo, na súa declaración, expuxo que durante a relación sexual "dicíalle que parase e choraba e choraba". "Tardei en denunciar dous meses porque me sentía culpable, dábame vergoña e tiña medo pola miña familia", apuntou. O Ministerio Fiscal e a acusación particular solicitan para o procesado unha pena de nove anos de prisión por un delito de agresión sexual con acceso carnal por vía vaxinal e anal, aproveitándose dunha situación de convivencia. Pola súa banda, a letrada da defensa reclama a súa libre absolución.

Fachada da Audiencia Provincial da Coruña
Fachada da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta