Descuberto un almacenamento ilegal de residuos perigosos en Gondomar

Un total de 78 camións transportaron 468 metros cúbicos de asfalto que foran extraidos nunhas obras da rede de abastecemento de augas e que se mesturaron con residuos da construción.

Por Galicia Confidencial | Gondomar | 18/06/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A Garda Civil descubriu un almacenamento, supostamente ilegal, de residuos perigosos no municipio de Gondomar. Un feito polo que investiga xa a tres persoas que están acusadas dun delito contra o medio e os recursos naturais.

Almacenamento de resíduos perigosos en Gondomar como vertedeiro ilegal
Almacenamento de resíduos perigosos en Gondomar como vertedeiro ilegal | Fonte: Garda Civil

A investigación iniciouse a finais do ano pasado por parte do Equipo do Seprona de Vigo, ante as sospeitas de que se estaban a utilizar residuos de construción e demolición mesturados con asfalto no recheo da obra dun cemiterio no municipio de Tomiño.

As pescudas do Seprona determinaron que estes residuos procedían das obras dunha rede de abastecemento que auga que se estaban a realizar na mesma bisbarra.

Seguindo a mesma liña de investigación, localizouse en dous terreos contiguos, no municipio de Gondomar, un importante almacenamento de máis de 10.000 metros cúbicos de residuos de construción e demolición mesturados, á súa vez, co mesmo asfalto que se atopara nas obras do cemiterio, carecendo os seus propietarios da preceptiva autorización que os habilite para a xestión de residuos industriais.

O Seprona puido constatar que ata este almacenamento chegaran, polo menos, 78 camións que transportaban 468 metros cúbicos de asfalto que foran extraidos nas referidas obras da rede de abastecemento de augas.

Delito

O Seprona procedeu á investigación dos dous administradores mancomunados da empresa que xestiona o almacenamento de residuos detectado en Gondomar, aos que se lles acusa dun suposto delito contra o medio e os recursos naturais.

A estas dúas persoas, cun amplo historial de denuncias por infraccións relacionadas coa normativa que regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, se lles acusa tamén doutro delito de falsidade documental por expedir certificacións como xestor de residuos, sen estar habilitado para iso.

Así mesmo, tamén se procedeu á investigación do xerente da empresa encargada das obras de abastecemento de augas, como suposto autor doutro delito contra o medio e os recursos naturais, polas irregularidades detectadas no plan de xestión de residuos e ante a evidencia de que entregou os restos do asfalto xerados na obra como un simple residuo de construción e demolición, descoñecendo a composición deste, necesaria e preceptiva para a correcta xestión do residuo. As dilixencias instruídas polo Seprona foron entregadas na Fiscalía de Medio Ambiente de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Guindallas

Só catro Descerebrados ou Mercenariso Uniformados (e, polo tanto, de estómago agradecidos) o obvian: Audiencia Nacional herdeira do TOP Fascista.

4 NgUR

Es normal que los comunistas sean negacionistas. Dice una vieja experiencia popular que "un comunista nunca dice la verdad. Un comunista es un tío más falso que un duro de madera y va por detrás".

1 Sentidiño

1) Suso de Toro non é comunista. 2) Non existen as "viejas experiencias populares": iso que é? 3) Como sentenza, dito ou refrán, é unha parvada na que se pode substituír "comunista" por calquera outra palabra.

3 Galeguiña

Segundo unha nova publicada non hai moito tempo neste xornal, existe un video no que este tal Toñito, alenta a continuar coa loita armada. No caso de ser certo, iso supón que antes do devandito video, xa practicaba. amparaba ou promovía tal forma de activismo (sempre supostamente). Tamén implica que esa "loita armada" era algo que él ía seguir facendo, amparando ou promovendo (supostamente). Polo tanto, non sei que nome lle habería que dar ao que tal dí, pero o de terrorista non parece moi afastado da realidade.

2 Xancinho

Eu non entendo xa nada. Pero La Vox de Galicia non é o medio que está branqueando ao BNG para acabar coas mareas????. Pero, a ver, señores e señoras de La Voz, aclarense vostedes. Están cos que apoian aos "terroristas" ou non están. Iso de xogar a dúas bandas ten eses perigos. Que saian Susos de Toro tocandovos ben os co....llóns... Así que, Santiaguiño Rey e secuaces... Aguantade o que vós creades e alimentades.

1 contra los terroristas

Terrorista fantasma es este escritorucho por decir tonterías semejantes. Parece mentira que niegue la mayor. Estos pájaros que detuvieron el otro día son eso, basura terrorista. Y hay que decirlo alto y claro: TERRORISTAS. Bien por los de La Voz de Galicia por decirlo alto y claro no como otros que callan y son cómplices. Parece mentira que los del BNG apoyen a esta gentuza y que haya medios de comunicación que les den cobertura a ellos y a los terroristas.

1 José

Gentuza son as persoas que instrúen causas, xulgan e condean sen ter nen p. idea do que é a xustiza e tan só se limitan a repetir como loros papagaios o que vocean os medios afins ás cloacas