Por GC Tendencias | Ferrol | 20/06/2016 | Actualizada ás 09:13
As entradas xa se poden comprar a través da Internet. En concreto, en Ataquilla, a canle de venta da Fundación, valen 17 euros. O concerto comeza as 20:30 horas.
Imelda May naceu en Dublín, Irlanda, 10 de xullo de 1974 e comezou a súa carreira musical á idade de dezaseis anos, tocando con varias bandas locais antes de formar a súa propia en 2002. Publicou o seu álbum debut, Non Turning Back, en 2003 e trasladouse a Londres co seu marido, Darrel Higham, guitarrista destes mesmos xéneros, despois do seu lanzamento.
Logo de aparecer no programa de música da BBC Later... with Jools Holland en 2008, deu a coñecer o seu segundo álbum de estudo, Love Tattoo, publicado en 2009. May colaborou e participou en xiras xunto a varios artistas inmediatamente despois da publicación do seu último traballo. O seu terceiro álbum de estudo, Mayhem, foi lanzado en 2010 e valeulle un nomeamento para o premio Choice Music,3 que se outorga ao que se considera o mellor disco do ano en Irlanda. En 2014 publicou Tribal, o seu terceiro álbum de estudo.
Aínda que é coñecida principalmente como cantante, tamén toca o bodhrán, o baixo, a guitarra e a pandeireta. Descrita como «un talento vocal único»,Imelda May tamén é recoñecida polo seu estilo musical, que se caracteriza como un renacemento do rockabilly. Foi comparada, ademais, con cantantes de jazz femininas tales como Billie Holiday, quen foi xunto a outras artistas unha gran influencia para ela. Imelda gañou o premio «Mellor Artista Feminina do Ano de Irlanda» en 2009, concedido na cerimonia dos Meteor Awards.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.