Un parque eólico entre as provincias de Pontevedra e Ourense obrigará a expropiar un centenar de fincas

Trátase do parque eólico Coto Frío, entre os municipios de Dozón, Piñor e O Irixo.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/07/2025 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O parque eólico Coto Frío, entre os municipios de Dozón, Piñor e O Irixo, afectará a máis dun centenar de parcelas nestes municipios. Así figura na resolución que publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) este xoves na que figura que a modificación da declaración de utilidade pública deste parque e a súa compatibilidade con aproveitamentos forestais.

Esta declaración de utilidade pública implica a necesidade de ocupar terreos ou a compra de dereitos afectados, coa "urxente ocupación para os efectos". Tamén se declara a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais: Cardufe e Eirelo, A Costa, Sanguiñedo, Segade e Lagorzos-Segade.

Muíños eólicos
Muíños eólicos | Fonte: EDP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta