O Consello de Ministros autorizou a Galicia conceder garantías durante 2025 a través dunha liña de avais do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) por un importe máximo de cinco millóns de euros.
  comenta   0
A OCU aconsella verificar a política de cambios e devolucións, así como outras condicións de venda antes de adquirir artigos durante a tempada de rebaixas, que adoita empezar o día 7 de xaneiro, xusto despois do período do Nadal.
  comenta   0
Outra das principais medidas desde 2025 é que se deberá indicar se o envase é reutilizable e incorporar o símbolo asociado ao Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR). O consumidor deberá deixar en depósito uns céntimos ao comprar que logo lle serán devoltos cando devolva o envase baleiro.
  comenta   0
Os españois prevén investir no próximo trimestre preto de 634 euros en electrodomésticos como neveiras, 432 euros en televisores, 413 euros en 'smartphones' e 786 euros en viaxes, segundo os datos do 'Barómetro de Consumo' de Cetelem do mes de decembro.
  comenta   0
Consumidores lamentan que as marcas aproveiten un cambio de formato para reducir cantidades e manter ou aumentar o prezo. Facua apunta a produtos como a caixa de bombóns de Nestlé ou o turrón de Suchard.
  comenta   0
A decadencia inmobiliaria de Ferrol: custa máis unha vivenda en Ames, Arteixo, Boiro, Brión, Fisterra ou Ribeira. O GC analiza os datos do último informe sobre prezos da vivenda de Idealista, con datos correspondentes ao mes de novembro.
  comenta   0
A Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi) asegurou que as axencias pequenas optan por facer a xestión a través dunha almacenista. A esta, explicou, fáiselle a reserva do billete "pero se non lle paga no prazo de entre 24 e 48 horas cancélase", opción que non descartou que ocorrese neste caso.
"A contribución ao crecemento do espazo segue en curso, xa que o grupo segue abrindo tendas máis grandes e está a incorporar tendas máis pequenas a conceptos que non son de Zara. O modelo omnicanal de Inditex seguiu dando resultados, e as vendas en liña superaron ás vendas en tenda", engadiu o banco.
  comenta   0
A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) lembra que as entidades bancarias non poderán pedir ningunha comisión nin esixir contraprestación aos cidadáns que se acheguen a cobrar os premios do sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal, que se celebra o 22 de decembro.
  comenta   0
En Froxán, unha pequena aldea do concello de Lousame, xa hai 11 veciños que realizan os seus desprazamentos en coche compartido e eléctrico: un MG ZS EV (Standard Range). Cando teñen que ir facer a compra a Noia ou levar ás crianzas a actividades extraescolares, apuntan as horas que precisan dispor do vehículo nun calendario online e xa poden empregalo.
  comenta   0
O acusado, que supostamente quería adquirir un Audi A3, quitou as chaves ao dono e escapou a gran velocidade, poñendo en perigo a outros usuarios da estrada.
  comenta   0
A conselleira quéixase ao entender que "o razoable sería que a Sareb cedese gratuitamente" estes inmobles e o Goberno a compensase.
  comenta   0
Os produtos con maior intención de compra son perfumes (44 %), libros (43 %), xoguetes (41 %), moda (41 %) e calzados e complementos (31 %).
  comenta   0
Trátase dunha iniciativa que busca incentivar as compras locais e dinamizar a economía de Allariz durante o Nadal ofrecendo premios aos seus participantes.
  comenta   0
O presidente da Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico (APLE) asegura que "a maior parte do leite ecolóxico tamén se comercializa como o leite convencional, a través de empresas que o envasan en 'tetrabrick', de tal xeito que ao final o prezo base é o mesmo: no leite convencional hai un prezo base ao que despois, no caso do leite ecolóxico, se suma un sobreprezo".
  comenta   0
O tamén gandeiro en Castro de Rei asegura que "as granxas que seguen abertas vense obrigadas a ter máis animais para ser rendibles". Dende o GC falamos con el da realidade actual das explotacións lácteas galegas.
  comenta   0
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) alerta dun aumento de estafas con motivo do 'Black Friday', que ten lugar este venres, e do Cyber Monday, o vindeiro luns, polo que recomenda cautela ante diferentes "gangas" que poidan aparecer en Internet.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial falamos co director da Federación Galega de Comercio (FGC), José María Seijas, que aposta por relaxar os trámites burocráticos e dar incentivos aos máis novos para que se animen a tomar as rendas destes locais nos que garantir o relevo xeracional é fundamental para a súa subsistencia.
  comenta   0
Todas as marcas presentes están aproveitando a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara á campaña do 2025. O Salón do 'Automóbil-Vehículo Novo' celébrase do 15 ao 17 de novembro.
  comenta   0
Fai cousa de dous meses e medio abriu a tenda 'online' PinkPeas, con todo tipo de produtos de alimentación, suplementación, xoguetes e hixiene animal. Teñen comida para cans, gatos, coellos, cobaias, chinchillas, aves e ata tartarugas. Hoxe, dende o GC falamos con Carla Aparicio, a súa directora e fundadora da primeira clínica veterinaria vegana en España: LidaVet.
  comenta   1
A fin de semana do 15 ao 17 de novembro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 22 ao 24 o de Ocasión. Haberá 16 concesionarios oficiais e presentaranse 37 modelos novos.
  comenta   0
Estes chamados Abonos Fieis estarán dispoñibles en distintos tramos de prezo e empezarán en 87 euros (gastos de xestión incluídos). Só se poderá facer a compra a través da web oficial (www.osondocamino.es), xa que non hai ningún outro punto de venda.
  comenta   0
"O certo é que os acusados carecían de capacidade económica para asumir a compra de tal inmoble, o cal nunca tiveron intención de pagar nin de habitar", apunta o escrito, que determina que a operación foi pactada con outras dúas persoas, o primo político da vítima, que sabía da existencia da leira e dos problemas de alcoholismo do mesmo, e o dono dunha inmobiliaria.
  comenta   0
Esta Ultranoite única será o sábado 30 de novembro ás 21.00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. "Volvemos a Culturgal cunha Ultranoite para presenciar o conflitivo divorcio da industria e a cultura. Non foi máis que un matrimonio de conveniencia? Non houbo amor? Ou foi un amor imposible?", cuestiona a compañía.
  comenta   0
O Galicia Confidencial visita o seu obradoiro en Pontecesures, onde nos ensina unha roda de madeira para a fabricación de cirios de 4 metros de altura e os seus estantes cheos de centos moldes de arxila fabricados a man.
  comenta   0
Xa fóra multado recentemente con 7.500 euros por cobrar gastos de xestión na devolución do diñeiro non consumido das pulseiras cashless na súa edición de 2023.
Situaranse na rúa Xoán XXIII e terán unha superficie útil de 30 metros cadrados con salón-cociña, habitación e baño, ademais de zonas comúns.
A última convocatoria, que terminou en setembro, incluía a adquisición de vehículos novos (turismos e furgonetas) cun custo inferior ou igual a 42.000 euros, cantidade que ascendía a 47.000 euros no caso de vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 quilómetros en modo eléctrico.
  comenta   0
Esperan que a empresa recoñeza o defecto de fábrica, retire os vehículos para achatarrar e retorne os importes abonados por reparacións e mantementos excesivos, que ofreza unha compensación por cada día que o vehículo estivo parado sen coche de substitución para o usuario e que compense a desvalorización do vehículo.
Esta mesma semana, na súa declaración como testemuña ante o xuíz, o ex secretario do Consello de Administración de Adif Guillermo Martínez asegurou que a orde de asinar coa empresa veu de Miranda, e que este reportaría sobre esa decisión a Pardo de Vera.
  comenta   0