Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2025 | Actualizada ás 14:34
Galicia rexistrou un total de 2.572 matriculacións de coches novos en maio, un 18 % máis que no mesmo mes de 2024, segundo os datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam), publicados este luns. O aumento de maio explícase polo crecemento disparado do 53 % nas matriculacións de eléctricos e híbridos, que xa supoñen case 3 de cada 4 coches novos do total en Galicia, con 1.875 en maio.
Contrasta co esborralle do 31 % na compra de coches novos de gasóleo (135 unidades) e de 26 % na matriculación de vehículos de gasolina (562). Entre ambos os segmentos só suman pouco máis dun cuarto dos coches novos vendidos. O incremento de maio na comunidade é semellante ao 18,55 % de alza interanual na media española. Na media do que vai de ano, entre xaneiro e maio, Galicia anótase 11.306 matriculacións, un 0,6 % de crecemento respecto ao mesmo período de 2024, cunha cota de mercado do 2,3 % do total do país.
DATOS ESTATAIS
As matriculacións de turismos e todoterreos en España alcanzaron as 112.820 unidades en maio, o que representa unha alza do 18,55 % respecto ao quinto mes de 2024. Con respecto ao acumulado do ano ata maio, as matriculacións de turismos e todoterreos xa suman 490.711 unidades, un 13,6 % máis que no mesmo período do ano anterior. "O forte incremento que tiveron en maio as vendas de turismos electrificados, que supoñen unha de cada cinco vendas, e o bo desenvolvemento do mercado na Zona DANA impulsado polas axudas do plan Reinicia Auto+, seguen mantendo a evolución das vendas en cifras positivas", manifestan desde Anfac.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.