Guía para entender os novos abonos de Renfe

Renfe pon á venda o abono único, válido para todos os núcleos de proximidade, por 20 euros mensuais. A compañía informará de cando mercar outros bonos en días próximos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/06/2025 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Renfe remitiu este luns unha nota de prensa para tentar despexar as numerosas dúbidadas que deixou o seu anuncio de descontos en distitnos bonos. Desde este 23 de xuño, xa se poden adquirir os abonos únicos para Proximidades e Rodalies, que permitirán viaxar por todas as zonas e núcleos do país por un importe mensual de 20 euros e de 10 euros para os mozos nados entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 2010. Ditos abonos poden adquirirse até 15 días antes do inicio da súa validez, coa posibilidade de elixir a data de inicio no momento da compra.

Centro de Servizos de Renfe na estación de Barcelona-Sants
Centro de Servizos de Renfe na estación de Barcelona-Sants | Fonte: Lorena Sopêna - Europa Press

Tamén se ofrece un bono de 10 viaxes cuxo prezo varía segundo a zona e o núcleo, cunha validez dun ano desde a data de compra. Por último, os novos títulos multiviaxe serán gratuítos para idade infantil (nacidos entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2025).

Aínda que os abonos Avant ao 50% e os gratuítos para as Proximidades de Asturias e Cantabria seguirán vixentes até final de ano, desde o 1 de xullo e até o 31 de decembro os viaxeiros recorrentes terán á súa disposición novos abonos Proximidades, Rodalies e Media Distancia cos seguintes prezos e condicións:

         Media Distancia

·         Mensual: 40% de desconto sobre o abono mensual exprés, válido para todos os trens de Media Distancia para a orixe destino para o que se adquiriu. Pódese adquirir até 15 días antes do seu período de inicio de validez (no proceso de compra selecciónase a data de inicio).

O abono mensual para Rodalies Media Distancia, Rexional e Rexional Exprés non iniciará a súa venda a partir do 23 de xuño, comunicarase cando se inicia a súa comercialización antes do 1 de xullo próximo.

·         Mensual Joven (nacidos entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 2010): 70% de desconto sobre o abono mensual exprés, válido para todos os trens de Media Distancia para a orixe destino para o que se adquiriu. Pódese adquirir até 15 días antes do seu período de inicio de validez (no proceso de compra selecciónase a data de inicio).

·     Bono de 10 viaxes: 40% de desconto. Non nominativos, multipersonais. Validez dun ano desde a súa adquisición.

·      Infantil (nados entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2025): gratis. Válido até o 31 de decembro para todos os trens de Media Distancia para a orixe destino para o que se solicitou.

Os vixentes abonos con desconto para Proximidades, Rodalies e Media Distancia poderán ser adquiridos até o próximo 31 de decembro, do mesmo xeito que os servizos Avant con rebaixas do 50%. Pola súa banda, en Cantabria e Asturias os servizos de proximidade e Proximidades Ancho Métrico estarán bonificados ao 100% todo o ano.

BILLETE ÚNICO

Por outra banda, o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable está a traballar para implementar un billete único para o transporte público en España "canto antes". "É menos contaminante e máis racional", asegurou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. "Está a traballarse nel, o propio ministro anunciouno e imos sacalo canto antes", insistiu en alusión a Óscar Puente, quen indicou que a intención do seu departamento é que esta medida poida estar operativa en 2026.

Esta iniciativa, segundo explicou Bklanco, enmárcase nas políticas do Executivo de fomento do transporte público, "menos contaminante, moito máis racional e, por tanto, moito máis respuetuoso co medio ambiente". "Fundamentalmente, do ferroviario", puntualizou

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta