Alerta nos encoros galegos: o de Galicia-Costa baixa ao 44% da súa capacidade

A do Miño-Sil queda no 67,1% da súa capacidade.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 30/09/2025 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A reserva hidrolóxica almacena 30.827 hectómetros cúbicos (hm3) este 30 de setembro, día no que finaliza o ano hidrolóxico. Segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) recollidos por Europa Press, os encoros españois atópanse ao 55% da súa capacidade, 7,1 puntos por encima con repecto ás mesmas datas do ano pasado

No caso da comunidade galega tanto Miño-Sil como Galicia Costa viron baixar os seus reservas en relación á semana pasada, cando estaban ao 68,9% e ao 46,1% respectivamente, no segundo caso por baixo da metade da súa capacidade. Agora, sitúanse o Miño-Sil no 67,1% e Galicia Costa, no 44,7%.

Por baixo do 50% atópanse Galicia Costa (44,7%), Guadalete-Barbate (42,6%), Guadalquivir (42,4%), a Conca Mediterránea Andaluza (45,7%), o Júcar (48,7%) e o Segura, que continúa á cola con 188 l/m2, o que equivale ao 16,5%. De acordo cos últimos datos da Conferencia Hidrográfica do Segura --os do domingo-- a conca está ao 16% e almacena 187 hm3, exactamente igual que en 2024 por estas datas.

Por último, con cifras de onte, Transición Ecolóxica especificou que a reserva de uso consuntivo --humano-- está ao 50,24% e almacena 19.490 hm3. Doutra banda, a de uso hidroeléctrico atópase ao 65,74% con 11,337 hm3.

Encoro de Portomarín afectado pola seca.
Encoro de Portomarín afectado pola seca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta