Leyma renova o seu faro

O base estadounidense Zach Monaghan, un dos piares laranxas na pasada campaña, continuará un ano máis no Básquet Coruña. Tito Díaz conta xa con tres xogadores: Monaghan, Ben Stelzer e Gediminas Zyle.

Por gcdeportes | A Coruña | 26/06/2016 | Actualizada ás 09:11

Comparte esta noticia

Coa Torre de Hércules tatuada no seu antebrazo dereito de por vida, estaba destinado a estender a súa estadía na Coruña alomenos un ano máis. O Básquet Coruña anunciou este sábado a renovación do base estadounidense Zach Monaghan, de 23 anos, por unha tempada, que será a segunda na Coruña.

Zach Monaghan, autour de 14 puntos contra CB Prat.
Zach Monaghan, autour de 14 puntos contra CB Prat. | Fonte: Nando Martínez (Básquet Coruña)

Coa continuidade de Monaghan asegurada, son xa tres os xogadores da pasada campaña atados para o cuarto proxecto de Tito Díaz cos naranxas: Zach Monaghan, Ben Stelzer e Gediminas Zyle. “Excited to be wearing orange next season!! We have unfinished business”, foi a mensaxe en twitter do de Illinios para celebrar a súa continuidade en Galicia.

Chegou a Coruña como rookie o verán pasado, e foi progresando durante toda a tempada ata acadar dous MVP nos dous primeiros partidos contra Melilla na semifinal do playoff de ascenso á Liga ACB. No segundo partido no Javier Imbroda (97-99), foi decisivo con 25 puntos e 9 asistencias, e acabou a campaña a un nivel espectacular, que facía temer pola súa continuidade. Na súa primeira tempada como profesional, promediou 10,4 puntos, 2,3 rebotes e 4,4 asistencias en 23 minutos en pista, mellorando por moito nos dez partidos de play-off as súas prestacións dos 30 de Liga regular.

Bo tirador de tres puntos, gran capacidade para o pase e para anotar e cun cambio de ritmo frenético. É o máximo emblema do xogo rápido en transición de Tito Díaz que tan ben conectou con Riazor a pasada campaña. Monaghan é quen de xogar en varias posicións, como xa amosara na súa etapa universitaria, na que superou varios récords e acadou a segunda posición da historia en roubos e asistencias con Minnesota State Mavericks da NCAA D-II.

Con esta renovación segue tomando forma o cuarto proxecto de Tito Díaz no Leyma Básquet Coruña para a vindeira campaña. Xa está confirmada a continuidade dos dous estadounidenses, Zach Monaghan e o escolta Ben Stelzer, e do pivote lituano Gediminas Zyle. Dase case por segura a marcha de Beka Burjanadze, con varias ofertas de equipos ACB.

Zach Monaghan defende a Enric Garrido.
Zach Monaghan defende a Enric Garrido. | Fonte: Nando Martínez (@NandoMartinezDX)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta