Aberto o prazo de alegacións para propietarios de 180 parcelas afectadas pola variante de Carballo

O período que terán os propietarios será dun mes para presentar a documentación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2025 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a listaxe dos propietarios de 182 parcelas afectados pola futura variante de Carballo, cuxo proxecto se somete a información pública.

Deste xeito, abre un prazo dun mes para presentar alegacións a este proxecto que terá un investimento de máis de 22 millóns de euros e cuxo trazado aprobou de forma provisional a Xunta. O Goberno galego destina 1,2 millóns de euros a estas expropiacións.

Neste proxecto estímase un prazo de execución para terminar as obras, unha vez asinado a acta de reformulo, de dous anos e medio.

Esta vía conectará o polígono de Bértoa, a AC-552 e a ligazón Carballo este de a AG-55 coas DP-1914 e AC-413, situadas ao sur e sueste do municipio. Está prevista a expropiación de 182 parcelas.

Será unha estrada de novo trazado, a 80 quilómetros por hora, que dará saída directa ao polígono industrial de Carballo cara ás estradas de Ordes e Santiago, co que evitará o tráfico pesado polo centro urbano, en concreto, na zona do instituto Alfredo Brañas, o colexio Fogar e a zona do complexo deportivo.

A vía dividirase en dous tramos: o primeiro, cunha lonxitude de 2.850 metros, entre a AC-552 e a AC-413; e o segundo, de 800 metros, entre a AC-413 e a DP-1914.

Entre as estruturas previstas están un viaduto sobre o río Anllóns, dous pasos superiores e un paso inferior, un muro de contención e un marco para o rego Añón.

Tamén se construirán dúas glorietas de 60 e 70 metros de diámetro con dous carrís de 4 metros, beirarrúa exterior e interior, nas interseccións coa AC-413 e DP-1914.

A previsión é que a intensidade media do tráfico no horizonte 2045 será de entre 8.747 e 11.360 vehículos ao día.

Proxecto da variante de Carballo. XUNTA
Proxecto da variante de Carballo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta