Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2025 | Actualizada ás 12:00
O Consello da Xunta deu luz verde a un teito de gasto non financeiro de 14.177 millóns de euros para 2026, un 1,6% máis que o ano anterior. Supón unha cifra marca na serie histórica.
En rolda de prensa tras Consello extraordinario para a apobración do teito de gasto, Rueda destacou que "por primeira vez" supéranse os 14.000 millóns, no que cualifica de subida "ambiciosa pero ao mesmo tempo pruedente".
Sinala que son unhas contas "realistas" para "non hipotecar" a Galicia nun escenario nacional e internacional "incerto".
Nas previsións macroeconómicas, a Xunta prevé unha alza do Produto Interior Bruto (PIB) do 2,4% en 2025, unha décima máis do estimado. Haberá un crecemento máis moderado do PIB en 2026, do 1,9%. Mentres, pechará 2025 cunha taxa do paro do 8,3%, unha cifra que baixará ao 7,8% en 2026.
O BNG CUALIFICA COMO "PERFORMANCE" A SUBA DO TEITO DE GASTOS
A deputada do BNG Noa Presas definiu o teito de gastos como unha "performance" e pediu "respecto" ao Parlamento de Galicia por non ter "ningún dato".
Nunha rolda de prensa celebrada este venres, a nacionalista galega foi preguntada polos medios de comunicación sobre unha valoración ao teito de gastos da Xunta presentado polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, nun Consello extraordinario.
Neste contexto, Presas solicitou ao Goberno galego que "cando lle vinga ben ter un mínimo de respecto a este Parlamento" remítalles "a documentación pertinente".
Así mesmo, insistiu en que isto "non deixa de ser unha performance" do PP para "enredar" cando "o que debería de facer é negociar un novo sistema de financiamento que dea a chave a Galicia do seu diñeiro e non obedeza a un marco centralista como o teito de gastos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.