Os incendios tamén afectan ao rico espazo natural do bidueiral de Montederramo

Declarouse tamén na tarde deste luns outro incendio na parroquia de Moialde, en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/08/2025 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

En Montederramo (Ourense), parroquia de Paredes, un incendio iniciado ás 04.50 da madrugada do luns --do que tampouco existe estimación da súa dimensión-- afecta o seu bidueiral. Mobilizáronse para a súa extinción un axente, sete brigadas, tres motobombas, dúas pas, un tecnico, dúas unidades técnicas de apoio, cinco helicópteros e catro avións.

Traballos de exxtinción a cargo do helicóptero da BRIF de Laza na serra de san Mamede, no lume por baixo da aldea de Teixeira (Maceda), a 10 de agosto de 2025, en Maceda, Ourense, Galicia (España).. Rosa Veiga - Europa Press
Traballos de exxtinción a cargo do helicóptero da BRIF de Laza na serra de san Mamede, no lume por baixo da aldea de Teixeira (Maceda), a 10 de agosto de 2025, en Maceda, Ourense, Galicia (España).. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Doutra banda, na mesma provincia, permanecen activos os lumes de Chandrexa de Queixa (1.600 hectáreas), parroquia de Requeixo, desde as 15.51 horas venres e Vilariño de Conso (180 hectáreas), parroquia de Mormentelos, desde as 17.30 horas do domingo. Neste lugar xa se produciu outro lume este fin de semana, cunha dimensión de 9,14 hectáreas e extinguido ás 21.30 horas do sábado.

Un incendio en Verín permanece activo desde a mañá do luns na parroquia de Mourazos, con perigo por proximidade a vivendas do núcleo de poboación de Tamagos. En consecuencia, está solicitada a activación da Situación 2 como medida preventiva ante isto, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Polo momento, non existe unha estimación da súa dimensión.

Con todo, a Garda Civil informa de que, aínda que o lume está próximo a casas, non hai perigo para os seus veciños. Interveñen, por agora, un técnico, catro axentes, tres brigadas, dúas motobombas, unha pa, tres helicópteros e catro avións.

INCENDIOS ESTABILIZADOS E CONTROLADOS

Mentres, está estabilizado desde as 23.37 horas do domingo o incendio forestal de Maceda (400 hectáreas), parroquia de Castro de Escuadro, que obrigou a desaloxar a veciños, aínda que xa está desactivada a Situación 2 pola proximidade ao núcleo de Teixeira. A Xunta apunta á "clara intencionalidade" por iniciarse en "entre cinco e seis puntos case simultáneos".

Pola súa banda, está igualmente estabilizado, desde as 20.28 horas do domingo, o incendio do municipio coruñés de Monfero, parroquia de Queixeiro, que obrigou a desaloxar o mosteiro de Caaveiro e afecta o parque natural das Fragas do Eume. Queima cinco hectáreas desde o seu inicio na tarde do domingo.

Tamén está estabilizado o lume da Estrada (Pontevedra), parroquia de Souto, desde as 22.10 horas do domingo. Queima unhas 20 hectáreas desde o mediodía do 10 de agosto. Ademais, seguen controlados os lumes de Padrenda (Ourense), parroquia homónima (40 hectáreas), e A Fonsagrada (Lugo), parroquia de Monteseiro, que queima unhas 150 hectáreas desde o pasado martes.

OUTROS INCENDIOS EN OURENSE

Por outra banda, tamén en Ourense, en Vilardevós --onde un gran incendio calcinou preto de 600 hectáreas durante os primeiros días de agosto--, declarouse ás 16.05 horas do luns un novo lume, esta vez na parroquia de Moialde, con máis de 20 hectáreas afectadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta