Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/08/2025 | Actualizada ás 17:33
A Garda Civil detivo a un veciño de Celanova por agresións sexuais a tres mulleres sen papeis ás que citaba para supostamente realizarlles entrevistas de traballo. Nun comunicado, a Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia de Ourense indica que a detención se realizou o pasado martes, 12 de agosto, no marco da operación 'Predator O'.
O detido ofrecía ás vítimas en situación de vulnerabilidade, mulleres estranxeiras en situación irregular, traballo en labores de limpeza a través de plataformas de Internet. Tras citalas nunha nave para unha entrevista previa, o individuo realizáballes tocamentos sen o seu consentimento. Leva o caso o xulgado de instrución de Celanova.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.