Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2025 | Actualizada ás 14:32
Unha embarcación de emerxencias rescatou este mércores a unha muller que navegaba nun kaiak fronte a costa do Grove e non lograba regresar a terra.
Tal e como informou Salvamento Marítimo, os feitos sucederon a última hora da tarde. Ao parecer, a muller estaba en apuros lonxe da costa fronte á praia de Raeiros e non conseguía volver a terra polos seus propios medios.
Así, tras recibir a chamada dun alertante, desde o Centro de Coordinación de Salvamento en Fisterra mobilizouse a embarcación LS Hermes de Cruz Vermella, que localizou o kaiak e trasladou á muller ao porto de San Vicente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.