1 de 1489 en Cultura seguinte

A OUFF sobre a sección oficial, "unha mostra do mellor cinema internacional máis recente"

O OUFF Ourense Filme Festival celebrarase de 26 de setembro a 5 de outubro de 2025 coorganizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Luarada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2025 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia



O Ourense Filme Festival anunciou o primeiros catro filmes que integrarán a Sección Oficial Internacional da súa 30ª edición, unha mostra destacada "do mellor cinema internacional máis recente, con propostas procedentes de lugares tan diversos como Irán, Arxentina, Taiwan ou Portugal".

O festival seleccionou 'Un simple accidente', de Jafar Pahani, un filme procedente de Irán e recente gañador da Palma de Ouro en Cannes 2025, 'Entroncamento', de Pedro Cabeleira, unha película de orixe portuguesa, que terá a súa estrea estatal no certame ourensán.

Completan esta primeira selección as películas 'Extrangera', de Michelle Malley, unha coprodución entre Porto Rico e Taiwan que será tamén unha estrea do OUFF, neste caso europea, e 'Gatillero', de Cris Tapia, unha película de acción rodada integramente en plano secuencia, procedente de Arxentina.

O OUFF Ourense Filme Festival celebrarase de 26 de setembro a 5 de outubro de 2025 coorganizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Luarada.

Fotograma de 'A miña ilustrísimo amigo', de Paula Cons.. OUFF
Fotograma de 'A miña ilustrísimo amigo', de Paula Cons.. OUFF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta