Decano Moncho Fernández

Tralo cese de Xavi Pascual no Barça, o adestrador compostelán, que chegou ao Obradoiro no verán do 2000, convértese no técnico, xunto con Joan Peñarroya, con máis tempadas consecutivas nun mesmo equipo da ACB.

Por gcdeportes | Compostela | 28/06/2016 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Chegou no verán do 2010 co equipo na LEB Ouro e a campaña que ven cumplirá sete tempadas consecutivas dirixindo o Obradoiro CAB. Unha primeira, a do ascenso no play-off en Burgos, e xa cinco consecutivas na ACB. A 2016-17 será a sexta sen interrupción na máxima categoría. Todo un récord para Moncho Fernández, que con tan só 46 anos se convirte no técnico con máis tempadas consecutivas nun mesmo equipo da ACB tralo cese este martes de Xavi Pascual no FC Barcelona.

Moncho Fernández, xa todo un veterano no banco do Obradoiro.
Moncho Fernández, xa todo un veterano no banco do Obradoiro. | Fonte: ACBPhoto

O técnico catalán, malia ter tan só 43 anos, levaba xa doce tempadas no corpo técnico do primeiro equipo do FC Barcelona e oito e media como primeiro adestrador tras substituír a Dusko Ivanovic en febreiro de 2008. Seis leva xa no Obradoiro Moncho Fernández, quen remata contrato en xuño do 2017. Seis leva tamén Joan Peñarroya en Andorra, pero repartidas entre LEB Prata (dúas), LEB Ouro (dúas) e ACB (dúas).

Por detrás do alquimista de Pontepedriña, dous dos grandes, con xa cinco tempadas consecutivas nos seus clubs: Pablo Laso no Real Madrid e Salva Maldonado no FIATC Joventut.
Antes de chegar ao Obradoiro, Moncho Fernández (Compostela, 19 de setembro de 1969) pasou por Xixón, Breogán, Los Barrios e Murcia, onde foi o seu debut na ACB. No verán do 2010, chegou a Compostela da man de Chete Pazo, daquela director deportivo obradoirista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta