Presunto matricidio en Vilagarcía: un mozo investigado por matar á súa nai e precipitarse dun terceiro piso

O home, que sufriu lesións moi graves, atópase ingresado no Hospital do Salnés, custodiado pola Policía Nacional, en estado crítico.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/09/2025 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A Policía Nacional investiga como un posible caso de matricidio a morte violenta dunha muller no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa tras precipitarse o seu fillo desde un terceiro piso. O suceso, segundo fontes consultadas por Europa Press, produciuse sobre as 18.30 horas deste venres nun edificio da rúa Duque de Rivas. O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, indicou que a investigación apunta a que un mozo, de 22 anos, atacou á súa nai, de 61 anos, que foi atopada boca abaixo e "entre abundante sangue".

Imaxe de arquivo dun vehículo da Policía Nacional
Imaxe de arquivo dun vehículo da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

O home, que sufriu lesións moi graves, atópase ingresado no Hospital do Salnés, custodiado pola Policía Nacional, en estado crítico. Abel Losada sinalou que, a expensas do resultado final das investigacións que se atopan nunha fase moi iniciail, pódese apuntar "con toda a prudencia" a que non hai participación de máis persoas neste suceso. Ata o punto desprazáronse a Policía Nacional e Local, así como os profesionais sanitarios que atenderon ao home.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta