O Xerente do edificio asaltado en Monforte pide non usar a menores migrantes para a confrontación política

Tras o ataque con cócteles molotov, a asociación Prodeme insiste en integrar aos menores con recursos e apoio profesional.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/09/2025 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

O xerente de Prodeme, Julio Cortiñas, pediu ás forzas políticas que non utilicen aos menores migrantes como motivo de confrontación, tras o ataque con cócteles molotov ao edificio que a asociación cedeu á Xunta en Monforte de Lemos para acoller un centro con arredor de 80 prazas. “Todo o mundo ten dereito a opinar e dubidar, é enriquecedor, pero sentándonos e dialogando”, subliñou en declaracións a Europa Press.

O xerente de Prodeme, Julio Cortiñas, nunha entrevista a Europa Press, en Monforte de Lemos (Lugo)
O xerente de Prodeme, Julio Cortiñas, nunha entrevista a Europa Press, en Monforte de Lemos (Lugo) | Fonte: Europa Press

O inmoble foi asaltado na madrugada do pasado sábado provocando importantes danos en salas comúns como o comedor e a cociña, aínda que o fume afectou a outras dependencias. A Policía Nacional mantén varias liñas de investigación abertas e aínda non identificou aos responsables. Cortiñas cualificou o sucedido de “desagradable” e afirmou que prefire pensar que non foi un monfortino quen cometeu o ataque, lembrando que a cidade “sempre foi aberta e solidaria”.

O responsable de Prodeme defendeu que a inmigración é “positiva” para a sociedade, sempre que veña acompañada de recursos e apoios como psicólogos e pedagogos que axuden á integración. Reclamou que os menores non sexan “abandonados” e destacou que a súa formación e inserción no mercado laboral pode ser unha oportunidade para o futuro da comunidade. “Se somos capaces de integralos, formalos… creo que é positivo para todos”, sinalou.

Prodeme naceu como proxecto de residencia para maiores con discapacitados ao seu cargo, pero quedou baleiro durante 12 anos por falta de financiamento. En canto ao futuro do edificio, agora, tras o convenio coa Xunta, o espazo destinarase ao centro de menores migrantes, aínda pendente da autorización da policía xudicial para iniciar as obras de reparación tras o ataque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta