Aedigal alerta do risco de peche de centros para persoas con discapacidade intelectual

A asociación pide á Xunta unha resposta inmediata ante a delicada situación económica das entidades con prazas concertadas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/09/2025 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A Asociación Empresarial para a Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento de Galica (Aedigal) advertiu de que "hai un risco real de peche dos centros de atención a persoas con discapacidade intelectual" e reclamou á Xunta unha "resposta inmediata". Así o trasladou nun comunicado aos medios este martes "ante a delicada situación económica que están a atravesar as entidades de discapacidade intelectual con prazas concertadas".

Neste contexto, Aedigal atribúe a situación á "inacción da Consellería de Política Social á hora de revisar o prezo das devanditas prazas" para pacientes con discapacidade intelectual. Por iso, Aedigal subliñou que "manifesta a súa profunda preocupación pola viabilidade dos apoios esenciais ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias".

Igualmente, denunciou a organización que "a Xunta está a incumprir o principio básico do concerto social, ao non compensar os custos reais da prestación dos servizos, o que supón unha ameaza directa á súa continuidade".

ACTUACIÓNS URXENTES

Ao incidir na necesidade de medidas urxentes, a patronal propuxo dúas liñas acciones: un acompañamento técnico a entidades en risco de insolvencia e a "entrega de chaves á administración autonómica".

Con relación á primeira, prometeu Aedigal que "porá a disposición das entidades que se atopen nunha situación próxima á insolvencia o seu asesoramento especializado". E en paralelo (será a segunda medida), "organizará un acto público no que se realizará unha primeira entrega de chaves das entidades con prazas concertadas á Xunta de Galicia". Segundo avisou, a acción que comeza como unha formalidade á administración, "podería derivar nunha cesión efectiva da xestión dos centros".

Centro da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS)
Centro da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS) | Fonte: DAVID CABEZÓN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta